INVERSA TEATRO CHEGA A VIGO COA PEZA KAMOURASKA, ANTES DE VIAXAR A BRASIL
As representacións serán o 23, 24 e 25 de Marzo na Sala Arte Livre de Vigo
A Compañía ofrecerá ademáis, un coloquio sobre o
proceso creativo e intercambio directo cos espectadores despois dunha
das representacións.
A compañía Inversa Teatro presenta na Sala Arte Livre de Vigo a peza Kamouraska. Dirixida por Vanesa Sotelo e interpretada polas actrices Beatriz Campos, María Caparrini e Marta Pérez, Kamouraska poderá verse o venres 23 e sábado 24 ás 21:30 horas e o domingo ás 21 horas na Sala Arte Livre de Vigo.
Alén destas funcións que Inversa realizará nos días arriba sinalados, o venres 23 despois da representación, a Compañía ofrecerá unha mesa redonda sobre o proceso creativo e un intercambio directo cos espectadores que acaban de presenciar a función. Deste xeito Inversa Teatro, continúa apostando por aportar novas liñas que se extendan máis aló do campo meramente teatral e introduce nesta ocasión un aspecto pedagóxico para que o público poida atopar unha mellor comprensión sobre o universo creativo de Kamouraska.
Os aspectos a tratar neste coloquio serán os seguintes:
-Puntos de partida, erros-desvíos, descubertas.
-Claves para achegarse á rareza e excentricidade de Kamouraska.
-Personas-Personaxes. Visitando ás personaxes de Deusa, Jöelle e Djouki. Achegándose ás persoas-personaxes de Marta Pérez, María Caparrini e Beatriz Campos.
-Dramaturxia en Kamouraska: Orixe – Distanciamento – Apropiación – Selección – Ordenación.
-Escena e Violencia: Destapando as imposibilidades de Amar, Pertencer e Soñar.
+ INFO: WWW.INVERSATEATRO.COM
No hay comentarios:
Publicar un comentario