INVERSA TEATRO INICIA EN ABRIL UNHA XIRA POR VENEZUELA, MÉXICO E COLOMBIA COA PEZA KAMOURASKA
A xira realizarase entre os días 2 de Abril e 2 de Maio.
Percorrerán diferentes Festivais e
cidades como o Festival Gran Caribe en Cartagena de Indias, o Festival
Somos Más de Caracas e o Teatro Experimental de Jalisco.
A compañía de Galicia- España, Inversa Teatro
realizará unha xira con 6 representacións 6 talleres escénicos
repartidas polos paises de Venezuela, México e Colombia durante todo o
mes de abril. Nesta estancia dun mes, presentarán a peza Kamouraska,
dirixida por Vanesa Sotelo e interpretada polas actrices Beatriz Campos,
María Caparrini e Marta Pérez. Kamouraska poderá verse nos escenarios
do Teatro Pedro de Heredia en Cartagena de Indias, dentro do Festival
Gran Caribe, na Sala Ana Julia Rojas de UNEARTE, en Caracas dentro do
Festival Somos Más e no Teatro Experimenal de Jalisco en México.
Este é a terceira viaxe que Inversa
Teatro fai a latinoamérica despois de pasar pola VII Mostra Latino
Americana de Teatro de Grupo de São Paulo en abril do ano pasado e de
realizar unha xira dun mes por Colombia onde realizaron 7
representacións e 7 talleres escénicos por diferentes lugares do país
como Bogotá, Bucaramanga, Tunja, Vila de Leyva e Cartagena de Indias. O
interese que suscitou a peza en Brasil e en Colombia deu lugar a que
outros países se interesasen pola Compañía e así foi como resultou
convidada neste tres países arriba mencionados. Ademais, Inversa Teatro
ten agora mesmas máis invitacións para este 2013 en países como
Uruguay, Venezuela, México, Ecuador, Brasil, Colombia, Chile e Cuba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario