Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Pintos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Pintos. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de noviembre de 2010

NOVAS FUNCIÓNS DE INVERSA TEATRO










A ILLA DAS MULLERES LOUCAS (Rede Galega de Teatros e Auditorios)

18 de Febreiro- Auditorio Municipal de Vigo

3 de Marzo- Teatro Colón na Coruña

24 de Marzo- Auditorio Gustavo Freire- Lugo

27 de Maio- Teatro Principal de Santiago de Compostela


KAMOURASKA:

13 de Outubro no Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

15 de Outubro ESTREA no Auditorio de Cangas do Morrazo ás 21:00 h

16 de Outubro no Auditorio Municipal de Cerdedo ás 20:30 h

17 de Outubro no Auditorio Municipal de Cerdedo ás 20:30 h

4 de Decembro no Festival Vidal Bolaño de Gondomar, no Auditorio Lois Tobío ás 22h.


EXPOSTAS:

24 de Xullo- Estrea - Teatro Principal de Pontevedra ás 21:30h

31 de Outubro no Auditorio Municipal de Cerdedo ás 20:30 h

26 de Novembro no Festival Escenas de Novimebre en Madrid, no Centro Cultural La Elipa ás 19:30h (Organiza Teatro del Astillero)

4 de Febreiro no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo

Mediados de Stembro (día por confirmar) Salón Teatro de Santiago de Compostela. Ciclo de Novas Tendencias

lunes, 5 de abril de 2010

A Illa das mulleres loucas





A ILLA DAS MULLERES LOUCAS

Baseada na obra homónima de Alfonso Pexegueiro,
A illa das mulleres loucas
é un recital dramático onde a linguaxe do corpo (encarnada polas actrices María Caparrini e Vanesa Sotelo) e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en directo. O resultado é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura.

A illa das mulleres loucas presenta unha muller escindida entre a vida e a morte, entre o primitivo e o civilizado, entre a razón e a paixón, entre a ilusión do futuro e o desengano do pasado. Unha muller coa que se constrúe un canto nacido da liberdade do inconsciente en defensa da vida e da linguaxe.



A Illa Das Mulleres Loucas foi presentada no Auditorio de Cangas o 28 de Xullo.