Mostrando entradas con la etiqueta Inversateatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inversateatro. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de enero de 2012

Novas funcións de Inversa Teatro:

PAPER DOLLS:

17 e 18 de Febreiro do 2012- Salón Teatro de Santiago de Compostela.

KAMOURASKA:

3 e 4 de Marzo do 2012- Sala Santart en Santiago de Compostela ás 21:00 h.

23, 24 e 25 de Marzo do 2012- Sala Arte Livre de Vigo ás 21:00 h. (Sábado 24 ás 21:30h)

Semana Santa (data por confirmar)- Aveiro (Portugal) no Ciclo Aveiro Cultura 2012

EXPOSTAS:

Semana Santa (data por confirmar)- Aveiro (Portugal) no Ciclo Aveiro Cultura 2012

 


domingo, 23 de octubre de 2011

kamouraska en Santiago de Compostela

Este xoves 27 e venres 28 de Outubro Inversa Teatro representa ás 21 horas KAMOURASKA na Sala Arteria Noroeste de Santiago de Compostela. O prezo das entradas é de 8 €.

Kamouraska é unha proposta escénica de corte contemporáneo e carácter asociativo que explora as claves do posdrama e elementos de creación colectiva. Está escrita e dirixida por Vanesa Sotelo e conta co traballo das actrices Bea Campos, María Caparrini e Marta Pérez. O proxecto experimental nace a partir da peza Lle langue-à-langue deas chiens de roche do autor quebequés Daniel Danis e a intención de transformala en posdrama. Con iso, a dramaturga Vanesa Sotelo (recentemente premiada co XIII Premio Josep Robrenyo en Cataluña, co Premio Abrente de Textos Teatrais e o IV premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural) obtén un espectáculo desde o que rirse da infelicidade para ser feliz.





ESPAÑOL
Este jueves 27 y viernes 28 de Octubre Inversa Teatro representa KAMOURASKA a las 21 horas en la Sala Arteria Noroeste de Santaigo de Compostela. El precio de las entradas es de 8 Euros.

Kamouraska es una propuesta escénica de corte contemporáneo y carácter asociativo escrita y dirigida por Vanesa Sotelo y que cuenta con el trabajo de las actrices Bea Campos, María Caparrini y Marta Pérez. El proyecto experimental nace a partir de la pieza Le langue-à-langue des chiens de roche del autor quebequés Daniel Danis y la intención de transformarla en posdrama. Con ello, la dramaturga Vanesa Sotelo (recientemente premiada con el XIII Premio Josep Robrenyo en Cataluña, el Premio Abrente de Textos Teatrais y el IV premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural) obtiene un espectáculo desde el que reírse de la infelicidad para ser feliz.

sábado, 23 de julio de 2011

Vanesa Sotelo gaña o Premio Abrente de Textos Teatrais


A dramaturga Vanesa Sotelo, recentemente premiada con el XIII Premio Josep Robrenyo en Cataluña e o IV premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural acaba de recibir o 6º premio Abrente de Textos Teatrais coa peza “Campo de Covardes”.
O xurado composto pola profesora Dolores Vilavedra, o actor Jouse García, o crítico teatral Manuel Xestoso e o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), Roberto Pascual, concedeu por unanimidade o 6º Premio Abrente de Textos Teatrais a Campo de Covardes, de Vanesa Sotelo. O xurado destacou "a eficacia dramática, a calidade do texto e a capacidade tan grande e xenerosa que a peza lle concede ao posterior traballo actoral". A peza será editada na colección Abrente de textos teatrais da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas. A autora recibirá unha estatuíña do artista Manuel Rodríguez Alonso (Sampedro) xunto a unha dotación económica de 3.000 euros que será entregada nun acto oficial o próximo mércores en Ribadavia.
Vanesa Sotelo é directora, actriz e autora teatral e aparece ligada á Compañía Inversa Teatro, para quen volve traballar como actriz na montaxe Paper Dolls, escrita e dirixida por Lola Correa e que será estreada o próximo setembro.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Vanesa/Sotelo/gana/Abrente/Campo/covardes/elpepiautgal/20110723elpgal_12/Tes

lunes, 2 de mayo de 2011

PUBLICACIÓN DE EXPOTAS NA REVISTA GALEGA DE TEATRO


INVERSA Teatro presenta e realiza a lectura do texto Expostas que será publicado pola Revista Galega de Teatro nº 66 este mércores 4 de Maio do 2011 ás 20:00 horas na cafetería do MARCO . Expostas é un texto orixinal de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García e Marta Pérez.

PUBLICACIÓN DE EXPUESTAS EN LA REVISTA GALEGA DE TEATRO.

INVERSA Teatro presenta y realiza la lectura del texto Expuestas que será publicado por la Revista Galega de Teatro nº 66 este miércoles 4 de Mayo del 2011 a las 20:00 horas en la cafetería del MARCO . Expuestas es un texto original de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García y Marta Pérez.

martes, 1 de febrero de 2011

INVERSA TEATRO

INVERSA TEATRO


INVERSA Teatro é unha compañía profesional galega fundada e dirixida por Marta Pérez desde o 2009. Inversa teatro fundamenta o seu traballo na convivencia de diferentes campos artísticos: artes escénicas, audiovisual, música e artes gráficas.


INVERSA Teatro aposta por un teatro contemporáneo e de experimentación onde poder levar a cabo textos de dramaturgos galegos contemporáneos.


Neste momento Inversa ten en cartel os espectáculos Expostas, A illa das mulleres loucas e Kamouraska. + info: www.inversateatro.com

domingo, 19 de septiembre de 2010

NOVAS DATAS FUNCIÓNS



INVERSA tén novas datas para diferentes funcións. De momento, publicamos as que xa temos seguras. En breve teremos novas datas.

KAMOURASKA:
13 de Outubro no Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

15 de Outubro ESTREA no Auditorio de Cangas do Morrazo ás 21:00 h

16 de Outubro no Auditorio Municipal de Cerdedo ás 20:30 h

17 de Outubro no Auditorio Municipal de Cerdedo ás 20:30 h

4 de Decembro no Festival Vidal Bolaño de Gondomar, no Auditorio Lois Tobío (horario por confirmar)

EXPOSTAS:
31 de Outubro no Auditorio Municipal de Cerdedo ás 20:30 h

26 de Novembro no Festival Escenas de Novimebre en Madrid, no Centro Cultural La Elipa ás 19:30h (Organiza Teatro del Astillero)

5 de Febreiro no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo

Nova Producción de Inversa: KAMOURASKA


INVERSA Teatro estreará o próximo 15 de Outubro do Auditorio de Cangas o espectáculo + exposición fotográfica KAMOURASKA.

Kamouraska

Kamouraska é unha proposta escénica de corte contemporáneo e carácter asociativo escrita e dirixida por Vanesa Sotelo e que conta co traballo das actrices Bea Campos, María Caparrini e Marta Pérez. O proxecto experimental vai indiscutiblemente ligado á exposición fotográfica concibida por Orzo Abrunheiras e que sempre acompaña ás representacións. Este é un novo exemplo da aposta de Inversa pola convivencia de diferentes campos artísticos.


Dramaturxia e dirección: Vanesa Sotelo.

Intérpretes: María Caparrini, Beatriz Campos e Marta Pérez.

Exposición Fotográfica: Orzo Abrunheiras.

Espazo Sonoro: Juan Hernández (Ronett Studio)

Escenografía: Inversa Teatro e La Böcöque.

Vestiario: Inversa Teatro.


___________________________________________________________________________________

KAMOURASKA

Kamouraska es una propuesta escénica de corte contemporáneo y caracter asociativo escrita y dirigida por Vanesa Sotelo y que cuenta con el trabajode las actrices María Caparrini, Beatriz Campos y Marta Pérez. El proyecto experimental va indiscutiblemente ligado a la exposición fotográfica concebida por Orzo Abrunheiras y que siempre acompaña a las representaciones. Este es un nuevo ejemplo de la apuesta de Inversa por la convivencia de diferentes campos artísticos.



Dramaturgia y dirección: Vanesa Sotelo.

Intérpretes: María Caparrini, Beatriz Campos e Marta Pérez.

Exposición Fotográfica: Orzo Abrunheiras.

Espacio Sonoro: Juan Hernández (Ronett Studio)

Escenografía: Inversa Teatro e La Böcöque.

Vestuario: Inversa Teatro.

domingo, 11 de abril de 2010

Inversa Selecionada no Festival Escenas de Noviembre de Madrid

Fomos selecionados para participar no IV Festival Escenas de Noviembre en Madrid coa obra Expostas. O Festival é un espacio de encontro para os autores contemporáneos que organiza Teatro del Astillero

lunes, 5 de abril de 2010

A Illa das mulleres loucas





A ILLA DAS MULLERES LOUCAS

Baseada na obra homónima de Alfonso Pexegueiro,
A illa das mulleres loucas
é un recital dramático onde a linguaxe do corpo (encarnada polas actrices María Caparrini e Vanesa Sotelo) e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en directo. O resultado é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura.

A illa das mulleres loucas presenta unha muller escindida entre a vida e a morte, entre o primitivo e o civilizado, entre a razón e a paixón, entre a ilusión do futuro e o desengano do pasado. Unha muller coa que se constrúe un canto nacido da liberdade do inconsciente en defensa da vida e da linguaxe.



A Illa Das Mulleres Loucas foi presentada no Auditorio de Cangas o 28 de Xullo.



ESTREA DE EXPOSTAS


O 24 de Xullo no Teatro Principal de Pontevedra ESTREA de Expostas.
Despois poderemos charlar mentres picamos un pouquiño.

Agardámosvos!