domingo, 11 de abril de 2010
Inversa Selecionada no Festival Escenas de Noviembre de Madrid
lunes, 5 de abril de 2010
A Illa das mulleres loucas
A ILLA DAS MULLERES LOUCAS
Baseada na obra homónima de Alfonso Pexegueiro,
A illa das mulleres loucas é un recital dramático onde a linguaxe do corpo (encarnada polas actrices María Caparrini e Vanesa Sotelo) e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en directo. O resultado é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura.
A illa das mulleres loucas presenta unha muller escindida entre a vida e a morte, entre o primitivo e o civilizado, entre a razón e a paixón, entre a ilusión do futuro e o desengano do pasado. Unha muller coa que se constrúe un canto nacido da liberdade do inconsciente en defensa da vida e da linguaxe.
A Illa Das Mulleres Loucas foi presentada no Auditorio de Cangas o 28 de Xullo.
ESTREA DE EXPOSTAS

O 24 de Xullo no Teatro Principal de Pontevedra ESTREA de Expostas.
Despois poderemos charlar mentres picamos un pouquiño.
Agardámosvos!
miércoles, 9 de diciembre de 2009
Expostas de Inversa Teatro
EXPOSTAS: Un texto de Vanesa Sotelo, Rosa Puga, Teté García e Marta Pérez.
Dirección e dramaturxia: Carlos Álvarez-Ossorio.
Intérpretes: Vanesa Sotelo, Rosa Puga, Xose Manuel Esperante,Teté García e Marta Pérez.
Producción: Marta Pérez e Juan Hernández.
Espazo Sonoro: Juan Hernández (Ronett Studio)
Escenografía: Anxo Cendal.
Fotografía: Diego Frei.
Deseño gráfico: María Rodríguez.
Fotografías Audiovisual: César Carballo
Audiovisuais: Anxo Cendal e Carlos Álvarez-Ossorio
Vestiario: Inversa Teatro
Contacto: inversateatro@gmail.com
Web: www.myspace.com/inversa-teatro
Links: www.myspace.com/martaperezactriz, www.myspace.com/ronettstudio, www.camaranegra.org
Agradecementos: Agadic, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia