Mostrando entradas con la etiqueta teatro galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro galicia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de febrero de 2012

INVERSA TEATRO PRESENTA KAMOURASKA EN COMPOSTELA
As representacións serán o 3  e o 4 de Marzo ás 21.00 horas na Sala Santart

 A compañía Inversa Teatro presenta na Sala Santart a peza Kamouraska. Dirixida por Vanesa Sotelo e interpretado polas actrices Beatriz Campos, María Caparrini e Marta Pérez, Kamouraska poderá verse o sábado 3 e domingo 4 de Marzo ás 21.00 horas.

Kamouraska é un lugar mental no que as súas tres habitantes (entre humanas e caninas) teñen a posibilidade de reinventar un universo con regras propias no que o xogo é rirse da infelicidade para ser feliz. O desequlibrio entre a necesidade e a imposibilidade de amar, de pertencer a un lugar e de soñar, dá pé a un espectáculo de corte contemporáneo e carácter asociativo que procura o riso como vía de escape ante o violento acto de existir. Pensada como unha comedia cruel dentro dunha traxedia subterránea, Kamouraska ofrece once embates percorridos de excentricidade, elementos grotescos e desenfadados que desembocan nun cambio de pel das actrices en escena.


Inversa Teatro

Inversa Teatro é unha compañía de teatro profesional fundada en 2009 por Marta Pérez e que xa conta con catro producións nun exemplo de incesante actividade. A aposta polos novos creadores e creadoras, a posta en valor do feminino e a convivencia de diferentes linguaxes nos seus proxectos son algunhas das claves de Inversa que, despois de Expostas, A illa das mulleres loucas e Kamouraska vén de estrear Paper Dolls: un espectáculo escrito e dirixido por Lola Correa que inclúe o documental Paper Dolls.doc sobre o proceso creativo da peza e que conta coa dirección de Manu Paz.

Outras datas para descubrir a Inversa:

Kamouraska: 23, 24 e 25 de Marzo na Sala Arte Livre de Vigo
Expostas + Kamouraska: Festival Aveiro Cultura 2012, do 1 ó 10 de Abril, Aveiro- Portugal.
Kamouraska: Mostra Latinoamericana de Teatro de Grupo en São Paulo. Do 24 ó 30 de Abril, São Paulo- Brasil.
Paper Dolls: Festival de Teatro Contemporáneo Zaragoza-Co, 5 e 6 de Maio en Teatro de la Estación, Zaragoza.

A xira nacional e internacional NON conta coa axuda da Agadic.
Pronto esperamos confirmar máis datas.
Tés máis info en www.inversateatro.com

lunes, 2 de mayo de 2011

PUBLICACIÓN DE EXPOTAS NA REVISTA GALEGA DE TEATRO


INVERSA Teatro presenta e realiza a lectura do texto Expostas que será publicado pola Revista Galega de Teatro nº 66 este mércores 4 de Maio do 2011 ás 20:00 horas na cafetería do MARCO . Expostas é un texto orixinal de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García e Marta Pérez.

PUBLICACIÓN DE EXPUESTAS EN LA REVISTA GALEGA DE TEATRO.

INVERSA Teatro presenta y realiza la lectura del texto Expuestas que será publicado por la Revista Galega de Teatro nº 66 este miércoles 4 de Mayo del 2011 a las 20:00 horas en la cafetería del MARCO . Expuestas es un texto original de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García y Marta Pérez.