martes, 27 de septiembre de 2011

PAPER DOLLS NOS III ENCONTROS DE CREACIÓN ESCÉNICA DA REVISTA NÚA

Este martes 27 de Setembro ás 21:30h na Sala Arte Livre de Vigo, INVERSA nos III encontros de creación escénica da Revista Núa de Artes Escénicas con Paper Dolls, a nova producción de Inversa Teatro dirixida por Lola Correa con Vanesa Sotelo e Marta Pérez.
Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta de unha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza teatral que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O documental tén como director a Manu Paz e nel ponse de manifesto como é un proceso de creación dunha obra de teatro; desde os aspectos máis artísticos para montar unha escena, ata as dificultades e traballos propios da producción. A peza teatral dura 50 min e o documental 30 min, co que temos un espectáculo de 80 min. Este é un exemplo máis da aposta de Inversa pola convivencia real de diferentes campos artísticos. Desde Inversa Teatro pensamos que ofrecer un documental sobre o propio traballo escénico, non só axuda a unha mellor comprensión da obra, senón tamén a entender toda a cantidade de traballo (moitas veces descoñecida) que hai detrás de calquera producto cultural. Artísticamente Paper Dolls é un conxunto de material visual que, a través dos pasos de dúas mulleres, inventa situacións, exterioriza pensamentos e xoga a desafiar ao tempo pasado recreándoo nun presente ambiguo. Paper Dolls recrea as paisaxes da vida de dúas mulleres calquera para levar ao espectador a reflexionar sobre o que foi e o que é o inabarcable universo feminino. O PAPEL DA MULLER: A idea do papel como material, como concepto, como idea e tamén como actitude de submisión. A muller asume roles-papeis continuamente pero non abordaremos esa cuestión. Mantemos a idea de que a estas alturas hai cousas que xa non será preciso revisar, quizáis sería convinte revisalas pero nós negámonos porque facéndo o único que conseguimos é darlle voltas ao mesmo continuamente e, é precisamente iso, o que non nos permite avanzar nin como mulleres nin como seres humanos. Paper Dolls será estreada o 20 e 22 de Outubro no Auditorio Municipal de Vigo.