domingo, 11 de abril de 2010

Inversa Selecionada no Festival Escenas de Noviembre de Madrid

Fomos selecionados para participar no IV Festival Escenas de Noviembre en Madrid coa obra Expostas. O Festival é un espacio de encontro para os autores contemporáneos que organiza Teatro del Astillero

lunes, 5 de abril de 2010

A Illa das mulleres loucas





A ILLA DAS MULLERES LOUCAS

Baseada na obra homónima de Alfonso Pexegueiro,
A illa das mulleres loucas
é un recital dramático onde a linguaxe do corpo (encarnada polas actrices María Caparrini e Vanesa Sotelo) e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en directo. O resultado é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura.

A illa das mulleres loucas presenta unha muller escindida entre a vida e a morte, entre o primitivo e o civilizado, entre a razón e a paixón, entre a ilusión do futuro e o desengano do pasado. Unha muller coa que se constrúe un canto nacido da liberdade do inconsciente en defensa da vida e da linguaxe.



A Illa Das Mulleres Loucas foi presentada no Auditorio de Cangas o 28 de Xullo.



ESTREA DE EXPOSTAS


O 24 de Xullo no Teatro Principal de Pontevedra ESTREA de Expostas.
Despois poderemos charlar mentres picamos un pouquiño.

Agardámosvos!