domingo, 23 de octubre de 2011

kamouraska en Santiago de Compostela

Este xoves 27 e venres 28 de Outubro Inversa Teatro representa ás 21 horas KAMOURASKA na Sala Arteria Noroeste de Santiago de Compostela. O prezo das entradas é de 8 €.

Kamouraska é unha proposta escénica de corte contemporáneo e carácter asociativo que explora as claves do posdrama e elementos de creación colectiva. Está escrita e dirixida por Vanesa Sotelo e conta co traballo das actrices Bea Campos, María Caparrini e Marta Pérez. O proxecto experimental nace a partir da peza Lle langue-à-langue deas chiens de roche do autor quebequés Daniel Danis e a intención de transformala en posdrama. Con iso, a dramaturga Vanesa Sotelo (recentemente premiada co XIII Premio Josep Robrenyo en Cataluña, co Premio Abrente de Textos Teatrais e o IV premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural) obtén un espectáculo desde o que rirse da infelicidade para ser feliz.





ESPAÑOL
Este jueves 27 y viernes 28 de Octubre Inversa Teatro representa KAMOURASKA a las 21 horas en la Sala Arteria Noroeste de Santaigo de Compostela. El precio de las entradas es de 8 Euros.

Kamouraska es una propuesta escénica de corte contemporáneo y carácter asociativo escrita y dirigida por Vanesa Sotelo y que cuenta con el trabajo de las actrices Bea Campos, María Caparrini y Marta Pérez. El proyecto experimental nace a partir de la pieza Le langue-à-langue des chiens de roche del autor quebequés Daniel Danis y la intención de transformarla en posdrama. Con ello, la dramaturga Vanesa Sotelo (recientemente premiada con el XIII Premio Josep Robrenyo en Cataluña, el Premio Abrente de Textos Teatrais y el IV premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural) obtiene un espectáculo desde el que reírse de la infelicidad para ser feliz.

sábado, 8 de octubre de 2011

Paper Dolls seleccionada na Mostra das Artes Escénicas de Galicia

Inversa Teatro foi seleccionada para amosar un showcase de Paper Dolls na Mostra das Artes Escénicas de Galicia. O acto terá lugar o día 17 de Outubro ás 22h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Paper Dolls é un proxecto experimental que aúna a obra teatral que leva o mesmo título e que dirixe Lola Correa, e o documental Paper Dolls doc. que está dirixido polo realizador Manu Paz.

Inversa Teatro ha sido seleccionada para mostrar un showcase de Paper Dolls en la Mostra das Artes Escénicas de Galicia. El acto tendrá lugar el día 17 de Octubre a las 22h. en el Salón Teatro de Santiago de Compostela. Paper Dolls es un proyecto experimental que aúna la obra teatral que lleva el mismo título y que dirige Lola Correa, y el documental Paper Dolls doc. que está dirigido por el realizador Manu Paz.

martes, 27 de septiembre de 2011

PAPER DOLLS NOS III ENCONTROS DE CREACIÓN ESCÉNICA DA REVISTA NÚA

Este martes 27 de Setembro ás 21:30h na Sala Arte Livre de Vigo, INVERSA nos III encontros de creación escénica da Revista Núa de Artes Escénicas con Paper Dolls, a nova producción de Inversa Teatro dirixida por Lola Correa con Vanesa Sotelo e Marta Pérez.
Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta de unha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza teatral que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O documental tén como director a Manu Paz e nel ponse de manifesto como é un proceso de creación dunha obra de teatro; desde os aspectos máis artísticos para montar unha escena, ata as dificultades e traballos propios da producción. A peza teatral dura 50 min e o documental 30 min, co que temos un espectáculo de 80 min. Este é un exemplo máis da aposta de Inversa pola convivencia real de diferentes campos artísticos. Desde Inversa Teatro pensamos que ofrecer un documental sobre o propio traballo escénico, non só axuda a unha mellor comprensión da obra, senón tamén a entender toda a cantidade de traballo (moitas veces descoñecida) que hai detrás de calquera producto cultural. Artísticamente Paper Dolls é un conxunto de material visual que, a través dos pasos de dúas mulleres, inventa situacións, exterioriza pensamentos e xoga a desafiar ao tempo pasado recreándoo nun presente ambiguo. Paper Dolls recrea as paisaxes da vida de dúas mulleres calquera para levar ao espectador a reflexionar sobre o que foi e o que é o inabarcable universo feminino. O PAPEL DA MULLER: A idea do papel como material, como concepto, como idea e tamén como actitude de submisión. A muller asume roles-papeis continuamente pero non abordaremos esa cuestión. Mantemos a idea de que a estas alturas hai cousas que xa non será preciso revisar, quizáis sería convinte revisalas pero nós negámonos porque facéndo o único que conseguimos é darlle voltas ao mesmo continuamente e, é precisamente iso, o que non nos permite avanzar nin como mulleres nin como seres humanos. Paper Dolls será estreada o 20 e 22 de Outubro no Auditorio Municipal de Vigo.

sábado, 23 de julio de 2011

Vanesa Sotelo gaña o Premio Abrente de Textos Teatrais


A dramaturga Vanesa Sotelo, recentemente premiada con el XIII Premio Josep Robrenyo en Cataluña e o IV premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural acaba de recibir o 6º premio Abrente de Textos Teatrais coa peza “Campo de Covardes”.
O xurado composto pola profesora Dolores Vilavedra, o actor Jouse García, o crítico teatral Manuel Xestoso e o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), Roberto Pascual, concedeu por unanimidade o 6º Premio Abrente de Textos Teatrais a Campo de Covardes, de Vanesa Sotelo. O xurado destacou "a eficacia dramática, a calidade do texto e a capacidade tan grande e xenerosa que a peza lle concede ao posterior traballo actoral". A peza será editada na colección Abrente de textos teatrais da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas. A autora recibirá unha estatuíña do artista Manuel Rodríguez Alonso (Sampedro) xunto a unha dotación económica de 3.000 euros que será entregada nun acto oficial o próximo mércores en Ribadavia.
Vanesa Sotelo é directora, actriz e autora teatral e aparece ligada á Compañía Inversa Teatro, para quen volve traballar como actriz na montaxe Paper Dolls, escrita e dirixida por Lola Correa e que será estreada o próximo setembro.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Vanesa/Sotelo/gana/Abrente/Campo/covardes/elpepiautgal/20110723elpgal_12/Tes

lunes, 2 de mayo de 2011

PUBLICACIÓN DE EXPOTAS NA REVISTA GALEGA DE TEATRO


INVERSA Teatro presenta e realiza a lectura do texto Expostas que será publicado pola Revista Galega de Teatro nº 66 este mércores 4 de Maio do 2011 ás 20:00 horas na cafetería do MARCO . Expostas é un texto orixinal de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García e Marta Pérez.

PUBLICACIÓN DE EXPUESTAS EN LA REVISTA GALEGA DE TEATRO.

INVERSA Teatro presenta y realiza la lectura del texto Expuestas que será publicado por la Revista Galega de Teatro nº 66 este miércoles 4 de Mayo del 2011 a las 20:00 horas en la cafetería del MARCO . Expuestas es un texto original de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García y Marta Pérez.

domingo, 17 de abril de 2011

Kamouraska de INVERSA Teatro na revista Primer Acto


KAMOURASKA DE VANESA SOTELO. INVERSA TEATRO

Revista Primer Acto nº 337
Por Afonso Becerra.

Kamouraska, de Vanesa M. Sotelo y la Compañía Inversa Teatro, es una rave verbal que abre preguntas, lanza consignas y destila poesía en un frenesí, por
veces irónico y grotesco semejante a la de Woyzeck (1836) de G. Büchner. Kamouraska lleva en el vientre la palabra amour pero, igual que en Woyzeck, el contexto de juego la aborta. El espacio es único y múltiple a la vez ya que en él se delimitan diferentes territorios: las hilas en el suelo y el comedero de perro, la perrera, espacio simbólico de lo instintivo, lo animal; la mesa con los vasos de chupito y la botella, las sillas, zona para beber, para desfasar, para echar un pulso, para subirse a la barra y transformarla en tribuna de reivindicaciones y consignas.
Descampados escénicos que se transforman con la actuación: el plástico en el suelo es la playa en la que Marta Pérez se unta de crema mientras Bea Campos nos relata una situación parecida en la que "un tío" se masturbaba delante de ella. La escena arriba a un climax en el que Marta es regada por chorros blancos de crema solar que saltan espasmódicamente sobre ella. Los golpes de efecto en Kamouraska evocan los golpes y la brutalidad que encierra la obra Le langue-á-langue des chiens de roche (1998), de Daniel Danis (Quebec, 1962).

La propuesta de Vanesa M. Sotelo es una deconstrucción posdramática de la obra de Danis en la que se mantienen las pulsiones de unos seres incompletos
debido a su incapacidad o imposibilidad de amar, de soñar o de pertenecer a un lugar. Incapacidad de adaptación a un contexto hostil, el actual, en el que nuestros deseos chocan. La sensibilidad critica debe ser entrenada hasta que
le salga callo y se endurezca para soportar las heridas infligidas por una sociedad en la que los auténticos valores humanos, la cultura y el arte siguen quedando relegados ante el comercio y los valores de mercado. Los sueños enjaulados en perreras. El amor y el placer compartidos devorados por el egoísmo y el onanismo. La actriz María Caparrini se calza las botas en las manos y convierte la escena en un ring de boxeo mientras lanza la pregunta si el amor es algo más que reacciones químicas de oxitocina y otras substancias.

Las tres actrices, sin necesidad de construir personajes, componen situaciones de juego que constituyen metáforas escénicas a partir de una comunicación directa que intenta ser sincera resquebrajando el texto. Pero el bombardeo verbal sitúa la palabra como motor de la acción escénica y como centro de las imágenes y los temas que la vertebran. No hay diálogo sino polifonía, rapsodia repartida entre las voces de las tres actrices. Los sueños vuelven lírica la palabra. Los contactos la vuelven conversacional, gratuita, hablar por hablar, o bien imperativa e interrogativa.

Kamouraska, de Vanesa M. Sotelo y la Compañía Inversa Teatro, es una rave verbal que abre preguntas, lanza consignas y destila poesía en un frenesí, por veces irónico y grotesco, por veces violento, por veces tierno, sensual y, por veces, también cómico •

martes, 1 de febrero de 2011

CRÍTICAS INVERSA PUBLICADAS POR REVISTA TEATRAL NÚA

DOUS GOLPES DE INVERSA TEATRO*
Ester F. R./ Martiño G. R.

*O autora e mailo autor desta crítica afastámonos á mantenta da normativa vixente alí onde esta entra en conflito coa pronuncia popular da nosa lingua. Isto afeta, en particular, ás formas contratas e ós grupos consonánticos “cultos”.


EXPOSTAS
Expostas é unha obra sobre a violencia patriarcal. Pero, máis que tratar da violencia visible e cuantificable, o que fai é abordala violencia invisible, simbólica e sutil que carateriza ó sistema da dominación masculina. E nisto reside o seu grande mérito: en visibilizalo invisible, en romper esa especie de segunda pel que nos envolve e constitúe a nosa propia identidade.
En primeiro lugar, a vivencia do propio corpo por parte das mulleres. Os seus corpos sábense permanentemente medidos, cuarteados, cousificados. Baixo a mirada continua d@s demais, as mulleres viven a distancia entre o seu corpo real e o corpo lexítimo, entre o seu ser e o deber ser instituído nos canons de beleza sociohistóricos. Este ollo esterno proxectado sobre o corpo transmúdase en cámara de vídeo en Expostas, cámara que entrega @s espetador@s todo o que o seu oxetivo catura. A obra presenta tamén a cuestión da interiorización inconsciente por parte dos personaxes femininos desta heteronomía con respeto do propio corpo, vivida como autoxenreira, como autodestrución que se espresa na propia condenación á soidade ou na entrega resinada a unha sesualidade allea, baseada no dominio e agochada baixo a careta da liberación sesual. Sentimentos e acións estes que non incitan a transformación ningunha, senón á repetición e á reprodución da dominación. Resulta interesante que o único personaxe feminino que parece ter triunfado neste mundo de homes participa de maneira máis ativa que as demais na reprodución do poder masculino. O poder de medir e clasificar ás demais mulleres esprésase á perfeción no casting que este personaxe dirixe. O reverso deste poder maniféstase no derrubamento da súa vida privada.
Pero, por outra banda, esta obra de teatro quere apostar pola rutura consciente con esta naturalización da dominación. Neste sentido, un dos personaxes femininos manifesta a súa frustración erótica reclamando diretamente á súa parella, o personaxe masculino da obra, outra forma de amor e de sesualidade non cousificadores. Desexa, e así o di abertamente, deixar de ser un oxeto erótico e ser sempre plenamente persoa. Quere vivila súa sesualidade como unha atividade máis da súa vida, como unha espresión máis da súa persoa: “O amor non se pode separar das cousas”, di. O amor, o erotismo, as paixóns e os sentimentos, tal como os aprendemos e os vivimos nesta sociedade, non son espazos liberados da dominación, non son redutos de liberdade, senón un ámbito no que a dependencia se asume íntima e inconscientemente. Un personaxe guíndanos esta frase de maneira incisiva: “Toda declaración de amor é unha forma de humillación”.
Esa insidiosa reprodución do poder sostida polas propias mulleres contra as demais e contra si mesmas supérase gracias a unha profunda crítica da insolidariedade e do egoísmo: “Os outros non esisten… Os outros somos nós”, di lucidamente un dos personaxes. Velaquí unha das chaves da conciencia transformadora: cada unha de nós somos tódalas mulleres.
Expostas preséntanos a mulleres cunha identidade persoal fráxil derivada da falta de chan firme, da ausencia de raíces. O seu ser non ten en que sosterse pra facerse e poder avanzar no mundo. Esta ausencia de raíces encárnase á perfeción no personaxe que vive no mar. É a muller do futuro, a muller de despois da destrución do planeta. Esta destrución da Terra está intimamente vencellada á destrución que xera a sociedade do presente, á atomización brutal do noso tempo que é o humus de tódalas formas de opresión, tamén do patriarcado.
No medio da enorme tensión dramática da obra, escachamos coa risa pola sorna coa que se critica o falso progresismo de aquel@s que se gaban de ir contracorrente cuando viven, en realidade, plenamente integrad@s e reproducen, polo tanto, a dominación.

KAMOURASKA
Con Kamouraska Inversa Teatro segue a enfiar o seu proxeto artístico deseñado arredor da denuncia da violencia patriarcal. Pero nesta obra, o ton reflesivo de Expostas trastócase nun ton desesperado, desquiciado, cruel e, por veces, esperpéntico. A intensa dor que berran os personaxes só é aturable para @s espetador@s gracias á sorna e ó desenfado. Nalgunhas escenas, de maneira moi evocadora, o grito de raiba e desesperación é afogado por unha música aínda máis forte. Se Expostas presentaba ós personaxes atuando na sociedade, Kamouraska preséntaos nunha especie de limbo fóra do espazo e do tempo. Neste lugar sen nome acórdalles toda a dor da vida pasada e tratan de botala fóra. Senten morriña dun lugar ó que pertencer e falan da casa familiar como se se tratase dun refuxio, sen lembrala violencia alí vivida, a cal, malia todo, é espresada duramente noutras escenas da obra. En varias ocasións enuméranse, cúspense de vez, tódalas formas de violencia padecidas: a violencia sesual, a familiar, a da guerra, etc.
Perante a opresión vivida nas relacións cos homes ábrese a posibilidade dunha vida en soidade: “Por que hai que agardar a atopar a alguén pra vivila vida?”, pregúntase un dos personaxes. “Se David pode vivir sen min, eu tamén podo vivir sen David”, afirma outro. O amor “romántico”, é dicir, o amor tal cal o entende esta sociedade, é criticado de forma demolidora. Nunha escena de marcado caráter humorístico un dos personaxes fai unha parodia do “frechazo”, facendo rir ó público. Reducido á súa concreción, desprovisto de tódolos elementos mistificadores que o arrodean, o “frechazo” desvélase como un mero ritual social no que a muller se acaba poñendo a disposición do home. Cambiando de ton, a obra entretense noutra escena coa seguinte reflesión: e logo, temos que pensar que somos nós as que non temos corazón se non atopamos a ninguén dino de ser amado? ¿Quen ten a culpa?
“Quen ten a culpa?”, pregúntanse varios personaxes en distintas réplicas. Quen ten a culpa cando as relacións de poder están espalladas por todo o tecido social? Esta pregunta orienta ó público cara a cuestión da verdadeira natureza do poder masculino, que reside en todas partes e en ningunha. Ó se dispersar, a violencia ocúltase: “Podo facerte chorar só con ser amable”.
E unha vez máis, o corpo. O corpo rexeitado, desprezado, un corpo noso que é doutros, un corpo prisión. Pero tamén un corpo que se rebela, que loita, que boxea metaforicamente coa realidade.

INVERSA TEATRO

INVERSA TEATRO


INVERSA Teatro é unha compañía profesional galega fundada e dirixida por Marta Pérez desde o 2009. Inversa teatro fundamenta o seu traballo na convivencia de diferentes campos artísticos: artes escénicas, audiovisual, música e artes gráficas.


INVERSA Teatro aposta por un teatro contemporáneo e de experimentación onde poder levar a cabo textos de dramaturgos galegos contemporáneos.


Neste momento Inversa ten en cartel os espectáculos Expostas, A illa das mulleres loucas e Kamouraska. + info: www.inversateatro.com