miércoles, 9 de diciembre de 2009

Inversa Teatro é unha Compañía galega de nova creación fundada por Marta Pérez no 2009. Para o seu primeiro proxecto "Expostas" recibe unha subvención á nova creación da Agadic. A idea de facer este proxecto naceu dun desexo: o de traballar cun grupo de persoas que admiro persoal e profesionalmente; desta forma tan sinxela comezaron a virme á mente os nomes de Rosa Puga, Juan Hernández, Carlos Álvarez-Ossorio, Teté García, Anxo Cendal, Vanesa Sotelo e Xose Manuel Esperante. Enseguida pensei nas diferentes disciplinas artísticas ás que cada un deles se adicaba e as posibilidades tan grandes que se abrían ante min para poder crear un espectáculo multidisciplinar (video creación, cine, artes plásticas, dramaturxia, dirección, música e interpretación). Acto seguido, realicei as chamadas de teléfono pertinentes e levei unha grata sorpresa cando todos aceptaron o reto que lle propuña. Isto xa foi un enorme pulo para min, posto que a entrega e disposición de cada un deles para comigo e para co proxecto demostroume que ademáis de ser uns verdadeiros profesionais, eran sobre todo persoas comprometidas coa creación e amigos. A noción de grupo, foi polo tanto a base sobre a que comecei a traballar; alonxada de outras estructuras máis tradicionais á hora de realizar unha creación escénica, eu decidín sen embargo partir das persoas para conformar un proxecto antes que partir dun texto escrito ou ideas preconcebidas. Deste modo, o grupo naceu libre e libremente se estableceu unha estructura que se divide en “parcelas” acorde coas diferentes disciplinas. Deste xeito, á inversa, naceu Inversa Teatro Para a dramaturxia quixen contar con Rosa Puga, Teté García e Vanesa Sotelo, que xunto comigo conformamos a parcela de escritura da peza. Na dirección conto con Carlos Álvarez-Ossorio. Na creación musical está Juan Hernandez e para a escenografía, con video-creación incorporada, teño a Anxo Cendal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario