Mostrando entradas con la etiqueta Expuestas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Expuestas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de octubre de 2012

Inversa Teatro no FITO de Ourense e no FIT de Cádiz

Inversa Teatro estará presente nesta nova edición do Fito de Ourense que se realizará entre o 5 e o 20 de Outubro deste 2012. A peza que levará a escena Inversa Teatro será Kamouraska e a presentación realizarase o próximo 17 de Outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense.

Posteriormente a esta actuación, Marta Pérez e Vanesa Sotelo foron convidadas os días 19-20 e 21 de Outubro ó FIT de Cádiz (Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz) a dar a ponencia que leva por título "Tomar las riendas y crear a la Inversa. El diálogo Feminista", onde ademáis presentarán un pequeno fragmento interpretativo da peza Expostas.


Inversa Teatro estará presente en esta nueva edición del Fito de Ourense que se realizará entre lo 5 y el 20 de Octubre de este 2012. La pieza que llevará a escena Inversa Teatro será Kamouraska y la presentación se realizará el próximo 17 de Octubre a las 20:30 horas en el Teatro Principal de Ourense.

Posteriormente la esta actuación, Marta Pérez y Vanesa Sotelo fueron invitadas los días 19-20 y 21 de Octubre al FIT de Cádiz (Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz) a dar la ponencia que lleva por título "Tomar lanas riendas y crear la lana Inversa. Él diálogo Feminista”, donde ademáis presentarán un pequeño fragmento interpretativo de la pieza Expuestas.

lunes, 2 de mayo de 2011

PUBLICACIÓN DE EXPOTAS NA REVISTA GALEGA DE TEATRO


INVERSA Teatro presenta e realiza a lectura do texto Expostas que será publicado pola Revista Galega de Teatro nº 66 este mércores 4 de Maio do 2011 ás 20:00 horas na cafetería do MARCO . Expostas é un texto orixinal de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García e Marta Pérez.

PUBLICACIÓN DE EXPUESTAS EN LA REVISTA GALEGA DE TEATRO.

INVERSA Teatro presenta y realiza la lectura del texto Expuestas que será publicado por la Revista Galega de Teatro nº 66 este miércoles 4 de Mayo del 2011 a las 20:00 horas en la cafetería del MARCO . Expuestas es un texto original de Vanesa Sotelo, Rosa Puga Davila, Teté García y Marta Pérez.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Inversa Teatro


Inversa Teatro créase no 2009 e naceu do desexo de colaborar con persoas que proveñen de diversos campos artísticos: artes escénicas, audiovisual e música. Expostas, o noso primeiro espectáculo, foi froito dun proceso de creación colectiva. O texto é unha creación das catro actrices coordinado e definido dramaturxicamente polo seu director. É un texto escrito en feminino, xa que discrepamos da suposta neutralidade da linguaxe que sempre invisibiliza un dos dous xéneros. Quixemos que fose unha exposición honesta, das nosas propias experiencias, tentando non ocultar nada dos nosos pensamentos para explorar os límites da intimidade. A idea principal que tratamos é como agroman as miserias humanas cando estamos constantemente expostas ante a ollada do outro, analizando a fina liña que separa as conductas “normais” das “anormais”. No plano estético e formal empregamos o recurso da simultaneidade de escenas e textos; no propio escenario ou a través do audiovisual. Precisamente, quixemos que este non fose un mero recurso puntual, senón que a súa presenza fose parte intrínseca do espectáculo; as actrices e o actor buscan sempre a organicidade á hora de manipular a cámara xerando múltiples focos de atención. O video forma parte da obra de principio a fin creando non só a simultaneidade senón a duplicidade de accións escénicas, a cámara crea outro punto de vista permanentemente. A música e o son tamén tiveron un tratamento diferente. Son os intérpretes os que xeran, manipulan e interaccionan coas atmósferas e efectos sonoros a través dun dispositivo táctil que posibilita, que sen ser músicos ou técnicos, poidan xogar con estos elementos, añadindo un factor aleatorio e sempre cambiante.