viernes, 25 de mayo de 2012

Rolda de prensa de Inversa Teatro antes de viaxar a Colombia

INVERSA TEATRO PRESENTA NO SALASON DE CANGAS A PEZA KAMOURASKA, ANTES DE VIAXAR A COLOMBIA
As representacións serán os días 31 de Maio e 3 de Xuño  ás 20:30 horas
A compañía Inversa  Teatro presenta no SalaSon de Cangas a súa campaña para atopar apoios que lle permitan asistir ao Festival Santander a Escena (Colombia) coa peza Kamouraska. Dentro da iniciativa, atópanse as dúas funcións que a compañía ofrecerá na sala canguesa o xoves 31 de maio e o domingo 3 de xuño co fin de recadar cartos para cubrir a metade dos gastos da viaxe. A entrada ten un prezo de cinco euros e a duración do espectáculo é de setenta minutos.
Este é o segundo ano consecutivo que a Compañía é convidada a este Festival para presentar Kamouraska. Despois de ter rexeitado o convite o ano pasado por falta de financiación, nesta edición o Festival Colombiano cubre a metade dos gastos da viaxe ademais da contratación da peza.  Ante o claro apoio e o interese por parte da institución colombiana, Inversa aposta por novas fórmulas para procurar vías de financiación alternativa. A colaboración privada, a búsqueda de patrocinios e a contribución do público son algunhas das bazas coas que conta a Compañía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario