domingo, 24 de marzo de 2013

Inversa inicia en abril a súa xira por Venezuela, México e Colombia.

INVERSA TEATRO INICIA EN ABRIL UNHA XIRA POR VENEZUELA, MÉXICO E COLOMBIA COA PEZA KAMOURASKA
 
A xira realizarase entre os días 2 de Abril e 2 de Maio.

Percorrerán diferentes Festivais e cidades  como o Festival Gran Caribe en Cartagena de Indias, o Festival Somos Más de Caracas e o Teatro Experimental de Jalisco.

A compañía de Galicia- España, Inversa Teatro realizará unha xira con 6 representacións 6 talleres escénicos repartidas polos paises de Venezuela, México e Colombia durante todo o mes de abril. Nesta estancia dun mes, presentarán a peza Kamouraska, dirixida por Vanesa Sotelo e interpretada polas actrices Beatriz Campos, María Caparrini e Marta Pérez. Kamouraska poderá verse nos escenarios do Teatro Pedro de Heredia en Cartagena de Indias, dentro do Festival Gran Caribe, na Sala Ana Julia Rojas de UNEARTE, en Caracas dentro do Festival Somos Más e no Teatro Experimenal de Jalisco en México.

Este é a terceira viaxe que Inversa Teatro fai a latinoamérica despois de pasar pola VII Mostra Latino Americana de Teatro de Grupo de São Paulo en abril do ano pasado e de realizar unha xira dun mes por Colombia onde realizaron 7 representacións e 7 talleres escénicos por diferentes lugares do país como Bogotá, Bucaramanga, Tunja, Vila de Leyva e Cartagena de Indias. O interese que suscitou a peza en Brasil e en Colombia deu lugar a que outros países se interesasen pola Compañía e así foi como resultou convidada neste tres países arriba mencionados. Ademais, Inversa  Teatro ten agora mesmas máis invitacións para este 2013 en países como Uruguay, Venezuela, México, Ecuador, Brasil, Colombia, Chile e Cuba.








No hay comentarios:

Publicar un comentario